Bolsas de colaboración "JAE Intro SOMdM 2020" do CSIC

UVigo - Empleo 21/05/2020

O Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 39 bolsas de colaboración de introdución á investigación "JAE Intro SOMdM 2020". As bolsas consisten en estancias en Centros de Excelencia Severo Ochoa e en Unidades de Excelencia María de Maeztu do CSIC que proporcionarán unha aproximación tanto ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade como aos métodos utilizados para a resolución daqueles.

Requisitos

  • Posuír estudos de Grao/Licenciatura finalizados no curso 2018/2019 ou estar a finalizalos durante o curso académico 2019/2020. Para as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% ampliase o período de finalización en dous anos.
  • Tamén poden presentar solicitude as persoas que, finalizaran os seus estudos a partir do 1 de xaneiro de 2015 e estiveron ao coidado de fillos, persoas maiores ou padeceran enfermidade grave.
  • Ter matrícula no curso 2019/2020 ou a inscrición ou prescrición para o curso 2020/2021 nun Mestrado Universitario nos indicados no Anexo I da resolución da convocatoria. 
  • Ter unha nota media igual ou superior a 8.00 (en escala decimal de 0-10)

Inscrición e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de xuño de 2020.

Máis información aquí.