Bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega 

UVigo - Empleo 07/05/2019

O Consello da Cultura Galega convoca 5 bolsas de colaboración nos seus proxectos de investigación por unha duración de sete meses. A contía das bolsas será de 1000 euros mensuais. 

Requisitos xerais

  • Rematar os estudos no curso académico 2010/11 ou posteriormente.
  • Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.

Tipos de bolsas

  • Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións
    • Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega.
    • Titulacións requiridas: licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas ou titulacións equivalentes.
  • Dúas bolsas para colaborar na Área de Comunicación
    • Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Comunicación do Consello da Cultura Galega.
    • Titulacións requiridas: título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.
  • Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación
    • Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.
    • Titulacións requiridas: título de licenciatura ou grao en Información e Documentación ou titulacións equivalentes.

As solicitudes poden tramitarse na sede electrónica co procedemento PR970B.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de maio de 2019.
Máis información no DOG do 29 de abril de 2019 e na web.