Bolsas de formación do Instituto de Estudios Fiscales
O Instituto de Estudios Fiscales (IEF) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 10 bolsas de formación para titulados/as universitarios/as co obxecto de contribuír á súa formación no exercicio de tarefas formativas e investigadoras en materias relativas á actividade orzamentaria e fiscal da Facenda Pública.
- Data de inicio das bolsas: outubro de 2019.
- Lugar: sede do IEF en Madrid.
- Duración: 12 meses.
- Contía: 1100 mensuais brutos.
- Prazo de inscrición: ata o 20 maio de 2019.
Máis información no BOE 4 de maio 2019.