Concurso nacional Innovatia 8.3

UVigo - Empleo 07/05/2019

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a Universidade de Santiago de Compostela convocan a II Edición do concurso nacional «Innovatia 8.3, premios ás empresas creadas co apoio das universidades e lideradas por mulleres» cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Premios

  • Premio Proxecto Empresarial de Base Tecnolóxica: 10 000 € + asesoramento personalizado durante 6 meses por unha profesional referente no sector.
  • Premio Proxecto Empresarial Startup: 7 000 € + asesoramento personalizado durante 3 meses por unha profesional referente no sector.

Prazo de presentación

Ata o 31 de xullo de 2019.

Inscrición

As candidaturas deberán presentarse a través do formulario de inscrición.
Consulta as bases do II Concurso Innovatia 8.3.