Curso de iniciación á programación con C#

UVigo - Empleo 21/01/2020

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria.

Contidos do curso

  • Introdución ao Entorno .NET framework. 
  • Estruturas de control. Control de excepcións. 
  • Programación orientada a obxectos conceptos avanzados.
  • Patróns Interfaces gráficas Datos .NET Core. 
  • Desenvolvemento dun proxecto.

Recoñecemento de créditos

Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS por cada 30 horas para as ensinanzas de grao

Cando e onde?

  • O curso impartirase do 21 de febreiro ao 8 de maio (50 horas).
  • Na sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo.
  • Os venres en horario de 15.30 a 20.30 h.

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 19 de febreiro de 2020.

Máis información e inscrición aquí.