Oposicións ao Corpo de Letrados/as da Administración de Xustiza
O Ministerio de Justicia convoca un proceso selectivo para cubrir 176 prazas do Corpo de Letrados/as da Administración de Xustiza, 135 de acceso libre e 41 por promoción interna.
O proceso selectivo realizarase por concurso-oposición, tanto pola quenda de acceso libre como pola quenda de promoción interna.
Requisitos
- Posuír a licenciatura ou o grao en Dereito ou estar en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase posuír a credencial que acredite a súa homologación, ou no seu caso, o correspondente certificado de equivalencia.
- Ter nacionalidade española.
Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 9 de maio de 2019.
Máis información no BOE 8 de abril 2019.