Profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos no estranxeiro

UVigo - Empleo 08/05/2020

O Ministerio de Educación convoca prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2019/2020.

Requisitos

  • Nacionalidade española
  • Posuír unha titulación de grao ou licenciatura nas áreas de filoloxía, tradución e interpretación, humanidades, historia da arte, estudos de Asia oriental, xeografía e historia, matemáticas, física, química, enxeñería química, bioloxía ou mestres.
  • Posuír o título de Mestrado universitario en profesorado de educación secundaria ou o CAP

Dotación

Hai unha dotación para os gastos de viaxe de ida e volta de 1000 euros, agás para China que será de 1200 euros.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2020.

Máis información aquí.