Ampliación de orzamento

Convocatoria de bolsas do curso 2019/2020

Previsión de convocatoria para o mes de xullo

UVigo - Becas 16/07/2019

O goberno espera publicar a convocatoria de bolsas do curso 2019/2020 antes de que finalice o mes de xullo.

Aprobado no Consello de Ministros o RD que establece os umbrais de renda e patrimonio e as contías das axudas.

O RD amplía 40 millóns de euros o orzamento inicial co fin de beneficiar 17 000 bolseiros/as, que terán dereito a unha bolsa ou a unha de maior contía en virtude das reformas introducidas no cálculo do IRPF (reduccións aplicables aos rendementos do traballo, especialmente ás rendas máis baixas). Isto supón que as familias que no curso anterior non tivesen dereito a unha bolsa total ou parcial, este curso coa mesma renda teñan dereito.