Non haberá illa, pro hai o nome. Homenaxe a Antón Palacio.
Editado por Xosé A. Fernández Salgado e Aquilino Santiago Alonso Núñez
Este volume reúne 27 contribucións en homenaxe ao profesor Antón Palacio, experto en onomástica, meticuloso tradutor, fino corrector de estilo e abnegado docente, primeiro na Universidade de Santiago de Compostela e logo na Universidade de Vigo. Os estudos organízanse en tres seccións segundo os temas tratados: sete estudos lingüísticos, nove literarios e outros tantos de onomástica, principalmente co galego e Galicia de fondo; precédenos dous relatos sobre a biobibliografía do homenaxeado.
Podes consultar a ficha desta publicación aquí.