VII Encontro da Mocidade Investigadora

Etiquetas
  • Congresos e xornadas
UVigo - Investigación 24/04/2019

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá os días 27, 28 e 29 de maio o VII Encontro da Mocidade Investigadora (VII EMI) no que se ofrecerán sesións de relatorios, pósters e mesas redondas.

Obxectivo

Favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento e das súas temáticas de investigación.

Persoas destinatarias

Calquera estudante de doutoramento da USC, UDC e UVigo.

Premios

O programa contempla a entrega de premios á mellor comunicación de cada área de investigación (ciencias, ciencias da saúde e humanidades).

Inscrición e presentación de comunicacións

Podes enviar a túa solicitude ata o 28 de abril.

Para máis información visita a web da USC, onde atoparás as bases.