Grao en Administración e Dirección de Empresas

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 200
Número de cursos: 4
Código:
V03G020V01

Área de coñecemento

Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación del título

María Mercedes Vila Alonso

    Descrición

    O obxectivo central do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas inclúe unha tripla perspectiva: o estudo das organizacións, a súa xestión e o entorno cambiante no que desenvolven as súas actividades, a formación de profesionais capaces de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e a unión das competencias aprendidas e o desenvolvemento persoal para contribuír á sociedade. Todos estes labores desenvolveranse no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, investimento, administración ou contabilidade.

    - Finanzas (Banca de Inversión, Banca Persoal, Comercial…) - Mercadotecnia - Recursos Humanos - Sector Exterior, Internacionalización - Produción e Loxística - Servizos Profesionais de Consultoría, Contabilidade e Auditoría - Administración pública e organismos oficiais - Emprendemento

    A optatividade circunscríbese ao segundo semestre do terceiro e cuarto curso, momento no que o estudantado poderá participar nun programa de mobilidade. A estrutura do plan de estudos permítelle ao alumnado optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das súas circunstancias persoais. A mobilidade de estudantes articúlase en torno a cinco programas: Sicue, que ofrece 59 prazas repartidas en 17 universidades españolas; Erasmus, con 93 prazas repartidas en 47 universidades europeas; ISEP, que ofrece prazas de intercambio en 130 universidades americanas; as bolsas de intercambio propias, que ofrecen prazas en 40 universidades estranxeiras, principalmente de América Latina; e, finalmente, o programa AFECA, un programa intensivo de contabilidade e auditoría no que se realizan casos prácticos.

    Non se esixe que o alumnado teña unha formación específica previa para cursar esta titulación. En calquera caso, é recomendable que o alumnado teña: - Interese polo mundo da empresa - Interese polas cuestións económicas - Capacidade de comunicación - Capacidade de traballo en equipo e liderado de grupos