Grao en Química

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totales: 240
Modalidad: Presencial
Plazas: 60
Número de cursos: 4
Código:
V11G201V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación del título

Ignacio Pérez Juste

    Descrición

    Pretende formar a profesionais do sector da industria química. Neste sector, que en España representa o cuarto sector industrial en importancia (aprox. 10%), os/ as profesionais desempeñan tarefas de investigación, desenvolvemento, deseño, enxeñaría e control de procesos en diversos ámbitos (empresas da madeira, petroquímicas, siderúrxicas, alimentario, farmacéutico, industria cosmética etc.).

    - Traballo de químico/química en organismos do estado, en municipios ou provincias
    - Químicos/as en monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado no que se requira esta función
    - Químicos/as en institutos de hixiene
    - Químicos/as de aduanas
    - Químicos/as de empresas privadas
    - Químicos/as en laboratorios oficiais
    - Ensino secundario, universitario e investigación

    Aínda que a facultade de Química non ten definido un perfil idóneo de acceso á titulación, é moi recomendable ter cursado as materias de Química, Física e Matemáticas en segundo de Bacharelato (non é sempre posible xa que non son compatibles en todos os centros de secundaria)
    Ademais, é aconsellable ingresar na titulación con capacidade de abstracción e de razoamento científico, xunto con capacidade de traballo continuado para poder progresar adecuadamente na adquisición de coñecementos e habilidades.