HappyGoRunning
Que é?
A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo que se celebrará o vindeiro sábado 27 de abril de 2019 no campus de Vigo.
Este evento, que este ano acada a súa décimo terceira edición, conta coa colaboración de entidades como o Concello de Vigo, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia ou Cidade Universitaria S.A.
A carreira de 10 km formará parte do Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, no que quedarán apuntadas automaticamente as persoas inscritas na carreira HappyGoRunning - Cidade Universitaria.
Quen pode participar?
As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde.
Na carreira, poderán participar aquelas persoas nadas no ano 2001 ou antes e, no caso da andaina, no ano 2006 ou antes.
Circuítos
A carreira desenvólvese sobre un circuíto de 3333 m que transcorre entre os vieiros interiores do campus de Vigo e a entrada á cidade deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:
- 6,6 km (dúas voltas ao circuíto)
- 10 km (tres voltas ao circuíto).
A andaina terá unha lonxitude de 10 km e transcorrerá polo contorno do campus universitario.
Horarios
15.30 h | Inicio da acreditación para a andaina e de recollida de dorsais para a carreira |
16.00 h | Saída da andaina |
17.30 h | Saída das carreiras |
19.15 h | Entrega de agasallos |
Prezos
Andaina:
- 4 € (3 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).
Carreiras 10 km e Iniciación:
- Comunidade universitaria Galaico-Duriense: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).
- Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).
Recomendacións para o día da carreira
Recoméndase acceder ao campus por Castrelos-Valadares (vial da Universidade) e utilizar os aparcadoiros das facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou do CACTI. A Estrada das Plantas estará cortada á altura do Círculo Mercantil polo que, quen acceda por esta ruta, deberá tomar o desvío alternativo polo Camiño do Monte ata San Cosme (20 min máis aproximadamente).
* Agárdase contar cun servizo gratuito de autobús da liña 8 de Vitrasa que sairía da Farola de Urzaiz, e pasaría por Praza de España e Praza de América. Para o regreso habería outro servizo.
Servizos para as persoas participantes
- Vestiarios masculinos situados no pavillón universitario e vestiarios femininos no SOOM CDU Vigo (piscina universitaria).
- Servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci con posibilidade de participar nunha actividade na piscina (necesario traer traxe de baño e gorro).
- Servizo de comedor: está previsto a realización dunha merenda na que poderán participar todas as persoas asistentes.
Premios e agasallos
- Clasificación xeral:
Outorgaranse premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira de 10 km.- 1.º: 400 €
- 2.º: 300 €
- 3.º: 200 €
- Clasificación universitaria Galaico-Duriense:
Outorgarase un premio ao campus gañador e agasallos ás persoas que o integren ata un máximo de 20 (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria Galaico-Duriense).
- Clasificación por centros da Universidade de Vigo:
Outorgaranse premios ao equipo gañador desta clasificación (consultar regulamento específico da clasificación por centros da UVigo).
Inscricións
Incríbete aquí.
O prazo estará aberto ata as 23.59 h do mércores 24 de abril (límite de prazas: 1000).
Anímate a participar como persoa voluntaria
Se queres participar na organización da carreira, podes facelo como persoa voluntaria.
- Obxectivo xeral
Colaboración na promoción e o desenvolvemento do evento. - Obxectivo específico
Apoio en tarefas de promoción, loxística, seguridade, información e protocolo. - Destinatarios do programa
Poboación en xeral. - Perfil das persoas voluntarias
Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo en xeral. Sen coñecementos e formación específicas. - Funcións das persoas voluntarias
- Tipo 1
Actividades relacionadas coa promoción do evento. - Tipo 2
- Seguridade e control.
- Montaxe e loxística.
- Control de inscricións e información aos participantes.
- Tratamento protocolario do evento.
- Tipo 1
- Lugar de realización das actividades
Campus Universitario Lagoas - Marcosende. - Tempos de dedicación das persoas voluntarias
- Tipo 1
25 horas entre o 1 de marzo e o 30 de abril. - Tipo 2
10 horas entre o 22 e o 27 de abril.
- Tipo 1
Máis información sobre o voluntariado aquí.
Para máis información:
Área de Benestar, Saúde e Deporte
Vicerreitoría de de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
www.uvigo.gal/happygorunning
deportes@uvigo.es