FÓRUM IEV, 2019

Colaboran o Instituto Estudos Vigueses, a Universidade de Vigo e o Concello de Vigo

UVigo - Comunicación / Universidad 11/03/2019

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e que se prolongará ata decembro.

O obxectivo do fórum é mostrarlle á cidadanía o traballo desenvolvido en Vigo en diferentes disciplinas académicas sobre temas como tecnoloxía, arte, pesca, cambio climático ou economía.

Das once conferencias programadas, dez desenvolveranse na sala-hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, con capacidade para 60 persoas, e unha no salón de actos do Instituto Camões.

Celebraranse sempre en xoves, ás 19.30 h, agás no mes de outubro, no que haberá dúas conferencias. En xullo e agosto non se realizará ningún evento.

Programa

 

Conferenciante Fernando Carreira (IEV)
Título «Arte Megalítico en Galicia: valor y retos».
Resumo Presentación dunha expresión artística prehistórica (arte en dolmens) que segue sendo aínda moi descoñecida para a cidadanía. Ademais de sinalar o seu enorme valor patrimonial, presentararanse algunhas suxestións necesarias para mellorar a súa protección.
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo
Hora 19.30 h

Conferenciante Fernando Martín Rodríguez (UVigo)
Título «Aplicación de las Nuevas Tecnologías al Medio Ambiente Marino».
Resumo Repaso das tecnoloxías de drons, electrónica de control, cámaras e procesado de imaxe (teledetección, visión artificial). Exemplos de aplicación en proxectos relacionados co medio ambiente mariño. Especial descrición dos proxectos da UVigo: Litterdrone e Ramica. Conclusións e visión de futuro. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo.
Hora 19.30 h

Conferenciante Elena Ojea (UVigo)
Título «Os impactos do cambio climático na pesca. Como nos podemos adaptar?».
Resumo O cambio climático está a ter efectos nos océanos que afectan a actividades como a pesca artesanal e a industrial. Nesta presentación farase un repaso do coñecemento actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios na pesca. Neste escenario, revisaremos tamén que di a ciencia sobre como nos podemos adaptar. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30

Conferenciante Xulio Fernández Hermida (UVigo)
Título «Del teléfono de disco al Whatsapp: ¿Como hemos llegado aquí?».
Resumo Un repaso das tecnoloxías que foron aparecendo, como a industria as foi convertendo en produtos e o mercado en elementos da vida cotiá; e como a vida cotiá con estes novos elementos foi transformando a sociedade. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h

Conferenciante Ana Pereira (IEV)
Título «Los pazos galegos: ¿arquitectura rural o arquitectura de poder?».
Resumo Un dos compoñentes máis representativos do patrimonio arquitectónico galego constitúeo sen lugar a dúbida o pazo, tipoloxía construtiva de difícil clasificación dada a cantidade de lecturas e variantes que se poden albergan dentro deste concepto. Así, mentres que algúns autores reservan este vocábulo só para aquelas construcións caracterizadas polo seu aspecto de palacio, outros dan cabida nel aos palacetes urbanos, mesmo a todo o conxunto de casas blasonadas que xorden na campiña galega, cheas de encanto e en harmonía coa contorna, pero que carecen de todo valor  arquitectónico. Se nos atemos á definición historiográfica clásica, un pazo é a casa solarega galega edificada no campo posuidora de signos heráldicos, de proporcións e trazos suntuarios moi superiores aos do hábitat normal da zona. Non obstante, a realidade é que se trata dunha complexa realidade arquitectónica na que se engloban, ademais da construción residencial propiamente dita, outro conxunto de estruturas, de función e carácter moi diferentes, entre as que cabe destacar a capela, o pombal, o patio, o portalón, etc. Todas elas conforman unha amálgama construtiva de carácter rural, pero tamén señorial caracterizada pola súa perfecta harmonía coa paisaxe que a acubilla.
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h

Conferenciante Higinio González Jorge (UVigo)
Título «Sistemas aéreos no tripulados (drones), pasado, presente y futuro».
Resumo Os sistemas aéreos non tripulados, máis coñecidos como drons supuxeron unha gran evolución tecnolóxica nos últimos anos, o que supuxo unha democratización dos servizos aéreos. Moitas operacións que antes se realizaban mediante sistemas tripulados como avións ou helicópteros, hoxe realízanse con sistemas non tripulados. Entre as máis coñecidas destacan o sector audiovisual, a topografía, a vixilancia ou inspección de infraestruturas. Prevese que o mercado siga crecendo nas próximas décadas e se cheguen a implantar outras aplicacións relacionadas; por exemplo, con loxística ou robótica industrial. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h

Conferenciante Mar Cortegoso e Brais Currás Refojos (IEV)
Título «La producción de sal en la costa atlántica del noroeste de la península Ibérica».
Resumo Ao longo da costa atlántica da Península Ibérica documentáronse numerosas evidencias da produción de sal mariño. Presentaremos os resultados das investigacións levadas a cabo sobre unha serie de estruturas localizadas entre a desembocadura do río Douro e a Ría de Vigo. En primeiro lugar, referirémonos a xacementos conformados por concentracións de afloramentos con pías escavadas neles para a recollida de sal. Continuaremos coa análise duns novos xacementos descubertos desde o ano 2015 durante unhas intervencións de urxencia patrocinadas polo Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia en sitios afectados por fenómenos costeiros. Presentaranse os resultados preliminares do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», subvencionado pola Consellería do Mar e pola Xunta de Galicia, co fin de investigar, documentar e revalorizar estes xacementos. 
Lugar  Salón de actos, Instituto Camoes de Vigo, Casa de Arines, Praza de Almeida s/n Vigo.
Hora 19.30 h

Conferenciante Montserrat Rodríguez Paz (IEV)
Título «A Igrexa de Santa María de Vigo, atalaia da nosa historia: 1719 -2019».
Resumo O mundo relixioso vai definir o desenvolvemento da vila de Vigo durante a Idade Moderna, por iso resultou un feito diferencial o recoñecemento da igrexa parroquial de Santa María de Vigo como colexiata en 1497. A partir dese momento, a propia evolución construtiva do templo fala da evolución da vila e dos seus habitantes ao sufrir os saqueos corsarios, as crises económicas, os efectos devastadores das inclemencias do tempo… en definitiva, o devir histórico da futura cidade olívica. Mais, hai 300 anos, produciuse un feito diferencial: o último ataque inglés á nosa ría. Corría o ano 1719. O Vigo daquel entón seguía a ser unha pequena vila que loitaba por sobrevivir de cara ao mar, mais protexéndose dos perigos que se achegaban por el (máis aló das illas Cíes). Foi un feito claramente dirixido cara ás costas galegas e que marcará o final dun período de grande inestabilidade, iniciando os cambios que levaron a Vigo a ser a cidade actual. Nese contexto histórico, as torres da concatedral de Vigo convertéronse en centinelas das fermosas illas Cíes e en narradoras dalgunhas páxinas da nosa historia que dende alí foron escritas. Esta é unha historia de Vigo dende esa atalaia.
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo.
Hora 19.30 h

Conferenciante Kais Mohamed Falcón (UVigo)
Título «Un pequeño empujón en el Clima. Grandes consecuencias de pequeños cambios».
Resumo Vivimos nunha época de cambios. Cambios sociais, tecnolóxicos, políticos e ambientais. O cambio climático, na súa manifestación de quecemento global a causa do efecto invernadoiro provocado pola actividade humana, é un dos cambios que máis atención recibiu por parte da sociedade xeral nas dúas últimas décadas. A Terra experimentou cambios de magnitude similar, ou superior, no pasado. Con todo, na súa mayoría, estes cambios son graduais, con escasa relevancia para o ritmo ao que as sociedades humanas se desenvolven. Con todo, os estudos de maior precisión temporal puxeron de manifesto que estes cambios graduais veñen aderezados por cambios de gran magnitude que ocorren a escalas decadales ou seculares, con gran potencial de disrupción para as nosas sociedades. Son os chamados «cambios climáticos abruptos». Nesta conferencia darase unha breve introdución a estes cambios, as súas causas, o seu estudo e os desafíos que nos expoñen.
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h

Conferenciante Gianluca Mariño (UVigo)
Título «El calentamiento global: técnicas de estudio y predicción».
Resumo O Panel Intergobernamental do Cambio Climático (IPCC) das Nacións Unidas reúnese periodicamente co propósito de establecer como cambia o clima como consecuencia das enormes cantidades de CO2 coas que estamos a contaminar a atmosfera. Uns dos temas clave é canto aumentará a temperatura ao longo do próximo século. A precisión destes cálculos depende da «sensibilidade climática», é dicir, de canto aumentará a temperatura cando se duplique a concentración de CO2 atmosférico con respecto aos seus niveis preindustriais. Noutras palabras, de como de sensible é (e vai ser) o clima ao incremento de CO2 atmosférico. Esta conferencia introducirá o concepto de «sensibilidade climática» e expoñerá uns exemplos nos que se mostra como se pode chegar a acoutar a sensibilidade climática a partir da información que nos proporciona o rexistro xeolóxico. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h

Conferenciante José Ramón Cabanelas (IEV)
Título «Impacto socioeconómico de la Primera Guerra Mundial en Vigo».
Resumo Espionaxe entre os 11 buques alemáns e austro-húngaros internados na ría e a colonia do Cable Inglés. A espía alemá Mata Hari en Vigo. Repercusión da guerra no tecido social. Ricos e pobres. Crispación do proletariado polo encarecemento dos produtos alimenticios de primeira necesidade. A primeira gran manifestación de Vigo. Vigo no Tratado de Versalles. 
Lugar  Sala-hemeroteca, Escola de Artes e Oficios, R/ de García Barbón n.º 5, Vigo. 
Hora 19.30 h