Nos tres campus

#Reto5mil doazóns de sangue

8 e 9 de outubro

Universidad / UVigo - Deporte 03/10/2019

No marco da celebración do Día das Universidades Saudables o vindeiro 8 de outubro, a Universidade de Vigo súmase un ano máis á iniciativa #Reto5mil posta en marcha pola Rede Española de Universidade Saudables (REUS) para conseguir cinco mil doazóns de sangue entre todas as universidades participantes.

O martes 8 de outubro, en horario de 9.30 a 14.30 h e de 15.30 a 21.00 h, contaremos cunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en cada campus:

Campus de Ourense
E.E. Aeronáutica e do Espazo

Campus de Pontevedra
Fac. Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus de Vigo
E.E. Industrial (sede campus)

 

Máis información