Edificio Politécnico do Campus de Ourense

XXVIII Gala do Deporte Universitario

Xoves 21 de novembro

Universidad / UVigo - Deporte 19/11/2019

O campus de Ourense acolle a celebración da XXVIII Gala do Deporte Universitario. Nesta edición, correspondente ao curso 2018/2019, a Universidade de Vigo entregará 31 premios individuais e dez colectivos nunha cita que pretende distinguir o compromiso coa práctica deportiva e cos seus valores, principalmente da comunidade universitaria pero tamén de persoas e entidades alleas a ela.

A cita será o xoves 21 de novembro no salón de actos do Edificio Politécnico. Agradecémosvos que confirmedes a asistencia no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es.

Novas relacionadas