Obradoiro práctico de Scifinder-n
A Biblioteca Universitaria e CAS organizan un obradoiro presencial en español sobre Scifinder-n.
SciFinder-n é a nova plataforma de acceso ás bases de datos de Chemical Abstracts (CAS). Ofrece unha interface sinxela e moi fácil de utilizar, máis contido e novas funcionalidades, como o módulo de retrosíntese e PatentPak, entre outras novidades.
O obradoiro está dirixido ao estudantado e ao persoal investigador do ámbito das ciencias (química, enxeñaría química, bioloxía, medicina, física, ciencias da saúde, ciencias dos materiais, farmacia etc.
- Data: 19 de outubro de 2021
- Lugar: Facultade de Química (aula de informática, planta baixa, bloque E), As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (mapa)
- Horario: de 11.00 a 12.30 h
- Formadora: Míriam Plana, Senior Customer Success Manager CAS
Contidos
- Exercicios de busca por referencia, substancia e reacción
- Uso do módulo de retrosíntesis
- Resolución de dúbidas
Inscrición
Para inscribirte, cómpre enviar un correo-e a referencia2@uvigo.gal co asunto: "inscrición obradoiro SciFinder-n UVigo". As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Certificado
CAS expedirá un certificado de asistencia.
Máis información:
Biblioteca Universitaria
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal