Mensaje de estado

El próximo miércoles día 26 de enero el portal estará fuera de servicio entre las 08:30 y las 9:30 debido a una intervención programada.

2.º cuadrimestre do curso 2020/2021

Enquisas de avaliación docente

UVigo - Calidad 13/05/2021

Entre o 10 de maio e o 10 de xuño permanecerá aberto o prazo para realizar as enquisas de avaliación docente do segundo cuadrimestre. Pode facer a enquisa todo o estudantado matriculado nun grao ou nun mestrado da Universidade de Vigo.

Como accedo ás enquisas para cubrilas?

  • Recibirás un correos electrónico coa ligazón para acceder ás enquisas.
  • Poderás entrar a través da aplicación informática na túa secretaría virtual

Para que serven as enquisas?

As enquisas xogan un papel importante en varios aspectos:

  • Permiten coñecer a túa opinión sobre a actividade docente do teu profesorado.
  • Teñen un peso importante no desenvolvemento da carreira docente do profesorado.
  • Son fundamentais nos procesos de acreditación que permiten manter a oficialidade do título dentro do sistema universitario.
  • Son resultados relevantes para ter en conta nos procesos de mellora da docencia.

Hai algo máis que teña que saber?

Antes de facer a enquisa é importante que saibas:

  • A enquisa é anónima e confidencial.
  • Só terás acceso ás materias nas que estás matriculado/a neste cuadrimestre.
  • A enquisa consta de dúas partes: materia (3 preguntas) e docente (7 preguntas). 
  • Tes que seleccionar o profesorado que che ten impartido docencia. Asegúrate ben de que tes unha opinión formada sobre a súa docencia antes de contestar.
  • A escala de respostas vai desde 1 (totalmente en desacordo) ata 5 (totalmente de acordo).

Onde podo ver os resultados?

Poderás atopar os resultados globais de cada titulación no apartado de listaxes públicas da secretaría virtual. Os resultados individuais do profesorado difúndense mediante informes persoais que son confidenciais.

Atoparás máis información sobre as enquisas de avaliación docente nesta ligazón.

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal