Cátedra Álvarez-Ossorio. 'Comunicación institucional e redes sociais'
Fecha de celebración:
29 de febrero de 2024 a las 19:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Escuela Naval Militar y Universidade de VigoLugar
Plaza España, s/n
36920 Marín
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios y ConferenciasEntrada:
De balde Es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de actos da Escola Naval Militar
No marco das actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, que promoven conxuntamente a Universidade de Vigo e a Escuela Naval Militar (ENM), o salón de actos deste centro acolle a mesa redonda Comunicación institucional e redes sociais. Esta actividade conta coa participación de Esteban Villarejo, asesor de comunicación de Airbus; Carlos Relloso, director corporativo de Comunicación Dixital e Redes Sociais do Grupo Santander, e do coronel Fernando del Olmo, director de Comunicación da Armada.
Programada para as 19.00 horas, este foro contará con entrada libre, previa confirmación de asistencia, que pode realizarse ata este mércores 28 no correo electrónico enmsecretaria@fn.mde.es e no teléfono 986804710.