G-Night. Noite galega das persoas investigadoras

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Fecha de celebración:

24 de septiembre a las 18:00

Dirigido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Edificio do Campus da Auga

Canella da Costa da Vela, 34
32004 Ourense
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde. Es necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No edificio do Campus Auga e El Pueblo Café Cultural

O campus de Ourense únese á celebración en toda Galicia da A G-Night, a Noite europea das persoas investigadoras, que leva por lema Conciencias creativas. A iniciativa encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos e bares, nun ambiente festivo.

Dúas son as actividades que se celebrarán en Ourense. A primeira delas, que arrancará ás 18.00 h no edificio do Campus Auga, leva por título Os saberes de Calpurnia. Nela, investigadores e investigadoras de diferentes áreas de coñecemento do campus de Ourense guiarán ás e aos visitantes nun paseo científico para descubrir o "ecosistema" do Campus de Ourense. As e os participantes percorrerán os distintos edificios do campus de Ourense de man de persoal docente e investigador seu, realizarán diferentes retos e rematarán na Biblioteca Rosalía de Castro facendo un mural colaborativo conxunto. A segunda actividade, titulada Ciencia no bar, arrancará ás 20.30 h en El Pueblo Café Cultural (Rúa Hernán Cortés, 26) e consistirá en dúas charlas divulgativas. A primeira, titulada Por Tutatis, o ceo cae sobre as nosas cabezas!, correrá a cargo do físico Juan Antonio Añel e a segunda, titulada Intelixencia ou estupidez artificial, será ofrecida polo enxeñeiro informático Arno Formella.

 

 

Más información

Programa e inscrición

Anótalo en:

Add to Calendar 2021-09-24 18:00:00 2021-09-24 18:00:00 G-Night. Noite galega das persoas investigadoras (Ourense) No edificio do Campus Auga e El Pueblo Café Cultural Edificio do Campus da Auga Universidade de Vigo Europe/Madrid public