Seminario web 'Escalada cara aos datos de investigación en aberto'
Fecha de celebración:
28 de octubre de 2021Desde 11:00 a 12:00
Dirigido a
PDIOrganiza
Biblioteca Universitaria y Vicerreitoría de InvestigaciónLugar
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde No es necesaria reserva.Modalidade
VirtualDentro da celebración da Semana do Acceso Aberta
Dentro da programación da Semana de Acceso Aberto, a Biblioteca Universitaria, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación e no marco da estratexia de persoal investigador (HRS4R), organiza un seminario web a través de Campus remoto titulado Escalada cara aos datos de investigación en aberto. A encargada de impartilo é Remedios Melero, investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e experta na investigación en acceso aberto, os repositorios institucionais e os dereitos de autor. Forma parte do grupo de investigación Acceso abierto a la Ciencia e actualmente traballa no proxecto Acceso aberto á ciencia en España: Avaliación do seu impacto no sistema de comunicación científica.
A participación no seminario realizarase a través de Campus Remoto (non é necesaria contrasinal). O acceso é libre ata completar a capacidade da sala. Unha vez acadado o límite de 150 persoas, o sistema denegará o acceso.