A Xunta de Galicia transferirá ás universidades galegas 390 millóns de euros para o ano 2011, unha cifra que o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, cualificou como “unha boa noticia”, xa que “confirma o compromiso do presidente, Alberto Núñez Feijóo, coas universidades galegas”, se ben salientou que “non nos exime nin nos libra de que o 2011 sexa o ano máis difícil economicamente da historia da Universidade, pero agora, cando menos, poderemos enfrontalo”, salientou nada máis coñecer a cifra global que se repartirá entre as tres universidades do sistema universitario galego.
“A cifra supón tecnicamente unha conxelación dos orzamentos”, subliñou Mato, ao tempo que explicou que “estamos lonxe do recorte medio previsto para este ano, que é dun 10%”.
18/10/2010