Apuntamentos, nervios e repasos de última hora eran as partículas que compoñían hoxe, a primeira hora, o ambiente da Universidade: comezaban, para 2985 estudantes de toda Galicia, as temidas probas de Selectividade. Nesta ocasión, a literatura modernista e o teatro da posguerra foron as preguntas clave do exame de Lingua Castelá e Literatura que, as dez da mañá, rompía o xeo da que sería unha intensa xornada. Tras esta primeira proba, o ambiente relaxouse e ata se podían escoitar risas e bromas entre compañeiros e tamén entre os propios docentes que, minutos antes, intentaban calmar aos seus pupilos.
14/09/2011