Graos 2022/2023
Probas de acceso á universidade
As probas de acceso á universidade en Galicia están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIuG), na que están representadas as tres universidades galegas.
A continuación ofrecémosche información sobre as probas da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), as probas para as persoas maiores de 25 e de 45 anos e as probas específicas xunto con todas as xestións asociadas:
Preinscrición
Prazos de preinscrición
Todos os prazos finalizan ás 14.00 h do día da fin do prazo indicado
Preinscrición | Convocatoria ordinaria de xuño | Convocatoria extraordinaria de xullo |
Anticipada | do 15 ao 30 de xuño | do 29 de xullo ao 2 de agosto |
Ordinaria | do 21 ao 30 de xuño | |
Titulados/as universitarios(1) | do 14 ao 29 de xullo | |
Bacharelato europeo, bacharelato internacional e estudos de bacherelato ou de técnico/a superior de formación profesional cursados nun país estranxeiro | do 15 de xuño ao 7 de xullo |
(1) da convocatoria ordinaria de 2022 que teñan feito o depósito do título
Prazos de matrícula para o alumnado admitido por preinscrición
Todos os prazos de matrícula indicados a continuación inician ás 00.01 h do primeiro día e finalizan ás 23:55 h do día da fin do prazo indicado
ABAU ordinaria
Quenda | Listaxe de admisión | Prazo de matrícula** |
1.º | 14 de xullo | do 15 ao 18 de xullo |
2.º | 22 de xullo | do 23 ao 27 de xullo |
3.º | 29 de xullo | do 30 de xullo ao 2 de agosto |
4.º | 4 de agosto | do 5 ao 8 de agosto |
5.º | 9 de agosto | 10 e 11 de agosto |
6.º | 2 de setembro | do 3 ao 6 de setembro |
** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes
ABAU extraordinaria
Quenda | Listaxe de admisión | Prazo de matrícula** |
4.º | 4 de agosto | do 5 ao 8 de agosto |
5.º | 9 de agosto | 10 e 11 de agosto |
6.º | 2 de setembro | do 3 ao 6 de setembro |
** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes
Matricúlate
Outros prazos de matrícula establecidos pola UVigo
Se es estudante de novo ingreso ou de continuación, velaquí un resumo dos prazos que debes coñecer:
Prazo ordinario de matrícula: do 26 de agosto ao 12 de setembro de 2022
|
Para completar os requisitos formativos complementarios no trámite de homologación dun título estranxeiro
|
3 días naturais desde a asignación de praza
|
Ata o 15 de outubro de 2022
|
Ata o 4 de marzo de 2022
|
Na seguinte ligazón atoparás toda a información sobre como e cando formalizar a túa matrícula na Universidade de Vigo:
Información sobre a solicitude de admisión nas titulacións de grao
Preguntas frecuentes (FAQ)
- Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
- É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
- Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).
- Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas
esgotadas pola matricula da convocatoria ordinaria, ou aquelas que a CiUG, a vista da lista de
espera, estimase que se esgotarán todas as prazas con solicitantes da convocatoria ordinaria. Tampouco se ofertarán prazas para as cotas de titulados universitarios, M25, M40 e M45. Ofertaranse as prazas non cubertas das cotas de Discapacitados e Deportistas. - Os solicitantes poderán presentar reclamación á súa asignación de prazas no prazo de tres días hábiles seguintes á publicación da listaxe correspondente. A reclamación, deberase facer a través do formulario que figurará na páxina Web da CiUG: https://ciug.gal/gal/admision-sug. A CiUG valorará a solicitude e se o considera necesario poderá solicitar documentación complementaria para a axeitada valoración da mesma.
Buscador de estudos de grao
Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos organizados en distintos ámbitos de coñecemento. Poderás descubrilos no buscador de estudos de grao, no que atoparás toda a información relevante (número de prazas, saídas profesionais, notas de corte, prezos etc.) e no que poderás realizar as túas buscas por ámbito ou por campus:
Máis información:
Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal
Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal