ENVÍO DE CANDIDATURAS ATA O 24 DE XUÑO
I Premios Alumni-UVigo
A Universidade de Vigo convoca os I Premios Alumni-UVigo co fin de promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional das persoas usuarias da comunidade alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria que achegue valor e teña unha clara vontade de inducir cambios na sociedade.
Categorías dos Premios Alumni-UVigo
- Investigación
- Impacto social
- Humanidades
- Traxectoria profesional
- Emprendemento
Como concorrer?
- Para presentarse cumprirá ser membro da comunidade Alumni-Uvigo
- As persoas ou os equipos presentarán a súa candidatura a través do seguinte formulario.
- O prazo de envío de candidaturas permanecerá aberto ata o venres 24 de xuño de 2022, ás 23.59 horas (hora peninsular española).
Selección
- O xurado seleccionará tres finalistas para cada categoría. Os acordos do xurado serán inapelables e poderase declarar deserto o premio xustificando os motivos desta decisión.
- A listaxe de finalistas publicarase antes do 30 de xuño na web da comunidade Alumni-UVigo.
- A partir desta data abrirase un prazo de votación entre todas as persoas rexistradas na comunidade Alumni-UVigo para elixir de entre as tres persoas finalistas o gañador ou gañadora de cada modalidade.
- As persoas ou os equipos de persoas que resulten gañadoras coñeceranse no acto de entrega de premios que se terá lugar a mediados de xullo de 2022.
Máis información:
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal