Actividades gratuítas para toda a cidadanía

Portas abertas dos centros de investigación 2021

UVigo - Comunicación 21/10/2021

Gustaríache coñecer os centros de investigación da Universidade de Vigo?

A partir do venres 22 de outubro  e ata finais de novembro, poderás descubrir de primeira man o traballo desenvolvido no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic), o Centro de Investigación Mariña (CIM), o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías e Procesos Industriais (Cintecx), o Centro de Investigación Economics and Business Administration for Society (Ecobas).

O programa Divulgando Ciencia Singular está cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Unha maneira de facer Europa.

As actividades son de balde e están abertas a toda a cidadanía. Para participar, cómpre apuntarse na web do programa.

Visita a web de Divulgando Ciencia Singular

 

Novas relacionadas: