DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cun posto informativo no que presenta as súas titulacións

Ciencias Empresariais e Turismo participa en Xantar

O centro tamén forma parte do comité asesor desta feira

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Universidade e empresa
  • Institucional
DUVI Ourense 07/02/2020

Do 5 ao 9 de febreiro, Expourense acolle a celebración dunha nova edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gatronómico. Entre as entidades públicas e privadas que participan nesta cita, que este ano cumpre a súa edición número 21, está a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. O centro, que forma parte do comité asesor desta feira, conta cun posto propio no evento no que informa das súas diferentes titulacións, especialmente do seu Grao en Turismo e do seu Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, directamente relacionados co sector turístico. Ademais, o profesor deste centro Ernesto Lopez Valeiras foi convidado a participar nas xornadas técnicas deste evento para ofrecer a conferencia Que entende o consumidor por alimentos naturais?.

Xantar conta cunha dilatada programación de actividades destinadas a pór en valor os produtos e servizos relacionados co turismo gastronómico especialmente vinculados a produtos autóctonos, estando considerada un referente no seu eido. A participación nesta feira da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, indican os seus responsables, enmárcase nas liñas de traballo deste centro de promoción das súas titulacións e sobre todo do estreitamento de relacións coa contorna socio-económica.