A información diaria volverá en setembro
Remata o curso e, como cada ano, o Duvi (Diario Dixital da Universidade de Vigo) interrompe por unhas semanas a súa publicación diaria. Mentres tanto, seguiremos a disposición tanto da comunidade universitaria, para darlle cobertura aos eventos que poidan xurdir e que sexan de interese divulgativo, como dos medios de comunicación para atender as súas peticións. A maiores, durante este tempo continuarase actualizando diariamente a sección de Quiosco.
A publicación diaria de noticias retomarase co comezo do novo curso académico no mes de setembro.