Unidade de Cultura Científica e da Innovación

Que facemos?

Coñece o grupo Language Variation and Textual Categorisation

UVigo - Comunicación / Universidad 26/09/2019

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) presenta un novo vídeo da serie «Que facemos?».  

Desta vez, unha peza protagonizada polas persoas integrantes do grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation) da Universidade de Vigo, que se ocupa de analizar a conexión entre as linguas, a historia, os territorios e as persoas.
 
A estrea coincide co Día Europeo das Linguas para poñer en valor a importancia dos estudos no ámbito da filoloxía. A investigación nesta área engloba diferentes aspectos xa que, como di o coordinador do grupo Javier Pérez Guerra, «empregamos diversas metodoloxías científicas co fin de avanzarmos na explicación de como concebimos, empregamos e alteramos as nosas linguas».
 
O vídeo está dispoñible nos perfís en redes sociais da UCC+i (YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter) e animámosvos a compartilo para lograr a súa máxima difusión.

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es