Buscar unha oferta

Requisitos e compromisos de uso da plataforma por parte das persoas candidatas

Como usuario ou usuaria da axencia de colocación, para poder presentar a túa candidatura ás distintas ofertas de emprego terás que cumprir unha serie de compromisos:

  • Rexistrarte en JobTeaser 
  • Subir o teu currículo. O Servizo de Orientación Laboral está á túa disposición para guiarte na elaboración do teu CV.
  • Participar nalgunhas das actividades de formación para o emprego.
  • Informar do resultado das túas entrevistas laborais e dos procesos de selección.
     

A través de JobTeaser poderás:

  • Coñecer ofertas de emprego, nacionais e internacionais, moitas delas exclusivas para a nosa universidade, así como bolsas de formación práctica, relacionadas co teu perfil profesional e os teus criterios de busca.
  • Descubrir as entidades colaboradoras da Universidade de Vigo e acceder a vídeos de presentacións de empresas e de profesións seleccionadas por sector de actividade. 
  • Acceder a consellos e recursos para a busca de emprego e á axenda de eventos da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
  • Recibir unha newsletter semanal con información de novas e eventos que poden axudarte a mellorar a túa empregabilidade e facilitar o teu acceso ao mercado laboral.

 

Para o cumprimento das obligas establecidas para as axencias de colocación na Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego; no Real decreto 1796/2010, do 30 de decembro, polo que se regulan as axencias de colocación, así como calquera outra obriga que normativa ou regulamentariamente se determine e as instrucións e procedementos que establezan os servizos públicos de emprego no ámbito das súas competencias, a Universidade de Vigo consultará os seguintes datos: datos dun contrato, situación actual de prestacións por desemprego, situación laboral na data concreta, discapacidade e datos de identidade para estranxeiros.

Poderás exercer o teu dereito de oposición en exercicio de dereitos sobre protección de datos, quedando obrigado/a a achegar os datos e os documentos cando che sexan requiridos.

 

Inscríbete en JobTeaser!

Ofertas de emprego

Empregos

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Monbus
Cargo
Servicio al cliente
Lugar
Lugo, Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Monbus
Cargo
Seguridad y política
Lugar
Lugo, Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Cargo
Investigación y desarrollo
Lugar
Avenida Vigo, 15705 Santiago de Compostela (Coruna), Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Alecrín Fisioterapia
Cargo
Sanidad y medicina
Lugar
Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra), Spain

Contrato de duración determinada | 48 meses | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Misión Biológica de Galicia (MBG-CSIC)
Cargo
Agronomía / Biología
Lugar
Lugar Carballeira-Salcedo, 36143 Pontevedra (Pontevedra), Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
DOPP CONSULTORES Search, selection and training of Personnel
Cargo
Economía
Lugar
Pontevedra, Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
CPR Nortempo Formación (NT For learning S.L.)
Cargo
Educación / Formación
Lugar
Rúa Ourense, 4, 36211 Vigo (Pontevedra), Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
DOPP CONSULTORES Search, selection and training of Personnel
Cargo
Ingeniería
Lugar
Pontevedra, Spain

Prácticas | 12 meses | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Empresa Sector Automoción
Cargo
Tecnología
Lugar
Parque Tecnológico y Logístico de Vigo, Vigo (Pontevedra), Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
NAVALEVA SL
Cargo
Ingeniería
Lugar
Madrid, Spain

Máis información:

Servizo de Intermediación Laboral
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 136 | 986 130 110
insercionlaboral@uvigo.gal

Linkedin