Publicar unha oferta
Requisitos e compromisos de uso da plataforma por parte das empresas
Como empresa usuaria da axencia de colocación da UVigo, para poder difundir unha oferta de emprego, esta terá que cumprir unha serie de compromisos:
- Facilitarlle á axencia de colocación da Universidade de Vigo, a información necesaria para a xestión da oferta.
- Atender as persoas candidatas para o proceso de selección.
- Remitir a información necesaria para o peche da oferta especificando o resultado final do proceso de selección.
Consulta de datos e dereito de oposición
Para o cumprimento das obrigas establecidas para as axencias de colocación na Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego; no Real decreto 1796/2010, do 30 de decembre, polo que se regulan as axencias de colocación, así como calquera outra obriga que normativa ou regulamentariamente se determine e as instrucións e os procedementos que establezan os servizos públicos de emprego no ámbito das súas competencias.
Poderá exercer o seu dereito de oposición no exercicio de dereitos sobre protección de datos, quedando obrigado/a a achegar os datos e od documentos cando lle sexan requiridos.
As entidades que o desexen, poderán publicar de forma gratuíta as súas ofertas laborais.
Despois de aproximadamente unha semana desde o remate do prazo de publicación da oferta de emprego ou da bolsa de formación práctica, a entidade recibirá por correo electrónico un documento para realizar o seguimento do proceso de selección.
Máis información:
Servizo de Intermediación Laboral
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 110
insercionlaboral@uvigo.gal