Innovación aberta
Coñeces a innovación aberta?
Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e a incorporación de talento ás empresas é a chamada «innovación aberta». Consiste basicamente en lanzar á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.
Conscientes desta tendencia, a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, xunto coa Vicerrectoría de Investigación, Transferencia e Innovación, propón crear un programa de ideas, bautizado co nome de «Colmea de ideas» co fin de canalizar aqueles desafíos propostos polas empresas e polas institucións á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e se poidan propoñer solucións innovadoras.
Mediante este observatorio de ideas queremos recompilar aqueles retos abertos presentados polas entidades aos que os membros da nosa comunidade universitaria poidan concorrer, tanto de maneira individual (mediante o desenvolvemento dos seus traballos de fin de estudos ou de doutoramento), coma en grupo (como xerme dun proxecto emprendedor).
Representas unha empresa e queres propoñer un reto?
As entidades colaboradoras poden presentar os seus retos ata o 30 de agosto de 2022.
Es estudante e queres realizar o teu TFG ou TFM resolvendo un problema real?
Velaquí as datas que debes coñecer:
- Presentación de candidaturas
Do12 de setembro de 2022 ao 26 de maio de 2023 (ambos incluídos).
- Selección de candidaturas beneficiarias
Do 20 de setembro de 2022 ao 9 de xuño de 2023 (a selección farase a medida que vaian chegando as solicitudes).
- Publicación da listaxe de persoas beneficiarias
1.ª resolución: 16 de decembro de 2022
2.ª resolución: 24 de marzo de 2023
3.ª resolución: 9 de xuño de 2023
Retos da convocatoria 2022/2023
De seguido podes consultar os retos presentados polas entidades colaboradoras na convocatoria 2022/2023:
Atendo Calidade S.L.
- Axilizar o funcionamento diario dun centro destinado a persoas maiores mediante o uso de Alexa.
- Colaborar na posta en marcha dun centro innovador destinado a persoas maiores medioambientalmente sostible e responsable coa contorna.
Avícola de Galicia
- Estudo de validación de medidas de aforro de auga nunha empresa avícola
- Control de parámetros de calidade en subprodutos agrícolas
- Optimización de frío e control de temperatura no túnel de arrefriado dunha empresa avícola
- Proposta de medidas de aforro enerxético e de melloras dos procesos das maquinarias
- Estudo de optimización dos actuais sistemas de apertura de portas de acceso as instalacións
CTAG
Ecoturismo O Rincón, SL
From Now On, SL
- Desenvolvemento dun modelo de medición de ecuaciones estructurales ECSI (European Customer Satisfaction Index) de satisfacción do consumidor e fidelización baseado na información proporcionada por fontes de información dixitais.
- Retos de dixitalización das PYMES forestais
Fundación Roberto Rivas
HEI4Future
- A hiperlonxevidade ou extensión da esperanza de vida como nova fonte de oportunidades
- Os retos da nova mobilidade no contexto galego
- Diagnóstico do ecosistema de mobilidade avanzada en Galicia
HQ Seaweed, SL
High Tech Auto
Kaptia Systems
Moluscos Blanco, SL
Montajes Fiver
Proxecto Ecotours
Proyectos y Logística Praia, SL
U4IMPACT
Unvi Carroceros, SL
- Sistemas de climatización de vehículos eléctricos: simplificación, redución de consumo, peso e custo.
Welgood Solutions, SL
ZZink!lab: Programa de innovación aberta de Zelnova Zeltia
Zendal
No seguinte vídeo ofrecémosche un resumo dos retos presentados polas entidades na convocatoria 2021/2023
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal