Eures

Logotipo de Eures

Eures (Servizo de Emprego Europeo) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.

Dentro da rede Eures enmárcase o Servizo Eures Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.

Existen en toda Europa vinte Eures Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza. 

Buscas emprego?

Os  servizos de EURES ás persoas demandantes de emprego e ás entidades empregadoras inclúen:

  • Posta en relación das ofertas de emprego e os CV no portal EURES
  • Servizos de información e de orientación e outros servizos de apooo a persoas traballadoras e empregadoras
  • Acceso á información sobre as condicións de vida e de traballo nos Estados membros da UE, como a fiscalidade, as pensións, o seguro de enfermidade e a seguridade social
  • Servizos específicos de apoio ás persoas traballadoras fronteirizas e aos emprgadores e empregadoras nas rexións transfronteirizas.
  • Apoio a grupos específicos no contexto dos programas de mobilidade profesional específicos de EURES, como «O teu primeiro traballo EURES» e «Reactívate»
  • Drop’pin@EURES é o espazo onde as empresas e as organizacións poden promover e publicar as súas oportunidades para os mozos e mozas europeos concebidas para axudalos a dar os seus primeiros pasos no mercado laboral 
  • Apoio a acontecementos dinámicos de contratación a través da plataforma (en liña) de Xornadas Europeas de Emprego.
  • Información e acceso á asistencia posterior á contratación, como a formación lingüística e o apoio á integración no país de destino

Para máis información sobre estes servizos de EURES, visita a súa web.
 
Ademais, a través de página web de EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal poderás: 

  • Consultar ofertas de emprego de Galicia e do Norte de Portugal
  • Ter información sobre a lexislación dos países en materia laboral, fiscal, social…aplicada á mobilidade transfronteiriza
  • Coñecer oportunidades de formación e de prácticas transfronteirizas

Novas maneiras de traballar en Europa

  • Seminarios web 
  • Traballar en Europa: Un dereito/Unha oportunidade. EURES  Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, servizo de apoio á mobilidade

  • O teu primeiro traballo EURES-FSE 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
consultas.eurestransfonterizo@uvigo.gal

Linkedin