6 Bolsas JAE Intro ICUs 2020 para estudantes de mestrado no Instituto de Investigacións Mariñas

UVigo - Emprego 01/10/2020

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo ofrece 6 bolsas de formación, enmarcadas dentro da convocatoria JAE Intro ICUs 2020 do CSIC e dirixidas a estudantes de mestrado que queiran realizar o seu TFM con eles.

Os proxectos dos traballos van dirixidos ás áreas de bioloxía, de ciencias do mar, de ciencias ambientais, de química, de física e afíns.

Características das bolsas

  • Duración: ata 6 meses.
  • Remuneración: 800 €/mes.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de outubro de 2020.

Máis información aquí.