Atrévete a...

McKinsey & Company

UVigo - Emprego 17/09/2019

McKinsey & Company organiza un evento dirixido a estudantes de último ou penúltimo curso de grao ou mestrado, de calquera titulación, que teñan interese en coñecer o mundo da consultoría estratéxica.

As persoas seleccionadas para participar no evento, terán a oportunidade de coñecer máis a fondo a consultoría estratéxica e como se traballa en McKinsey & Company ante un proxecto real. Nesta ocasión, a temática é Smart Cities para un futuro sostible”. O alumnado seleccionado traballará en equipo poñendo a proba as súas habilidades para resolver problemas xunto con outros estudantes e consultores/as.

Data e lugar

  • 25 e 26 de outubro en Toledo

Inscrición e información

As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 13 de outubro de 2019 na web www.mckinsey.com/atrevete.