Axudas para contratos predoutorais no Instituto Universitario Europeo

UVigo - Emprego 10/01/2020

O Ministerio de Educación convoca 12 axudas para contratos predoutorais dentro do programa Salvador de Madariaga no Instituto Universitario Europeo (Florencia) para o ano 2020. A duración das axudas non será inferior a un ano nin superior a catro anos.

Requisitos

  • Posuír titulación de grao, licenciatura, mestrado ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades e queiran realizar o doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, nos devanditos campos. En todo caso, deberán acreditar a posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 31 de agosto de 2020.
  • Posuír o certificado do nivel C1 de inglés.

Contía

A dotación económica mensual é de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias por ano. Ademais, terán unha axuda de viaxe para o primeiro e o terceiro ano de estancia no Instituto por un importe de 700 euros cada unha.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.