Axudas a estudantes universitarios de Galicia para estadías na UE

UVigo - Emprego 12/03/2019

Convoca

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Requisitos

  • Estar matriculado/a no curso 2018/19 como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao. Ademais, débense ter 60 créditos superados a data de 30 de setembro de 2018, excluídos tamén os recoñecidos, convalidados ou adaptados. O alumnado que estea matriculado no traballo de fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos esixidos.
  • O curso de idiomas terá unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Dotación

Máximo de 1000 €.

Prazo

Ata o 14 de marzo de 2019.

Máis Información: Orde de 15 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia para estadías en algún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, ao obxecto de coñecer a lingua dese país. DOG 25 de xaneiro 2019.