Babson Build for Santander Universities Students

UVigo - Emprego 05/06/2019

Programa experimental de emprendemento deseñado para axudar a estudantes de pregrao a pensar e a actuar con espírito empresarial a través da metodoloxía Entrepreneurial Thought & Action, única de Babson.

Requisitos

  • Ter máis de 18 anos.
  • Nivel alto de inglés.
  • Visa/ESTA.

Persoas destinatarias

Emprendedoras/es de calquera país que estean cursando un estudo de grao (considéranse as persoas que se gradúan ao final deste semestre) nalgunha das universidades que teñen convenio con Santander.

Premio

30 bolsas ofrecidas por Santander Universidades. Inclúe o aloxamento do 21 de xullo ao 2 de agosto de 2019.

Prazo

Ata o 10 de xuño de 2019.


Máis información e inscrición aquí.