Bolsa de emprego temporal para 6 axudantes de contabilidade empresarial no Banco de España

UVigo - Emprego 17/02/2020

O Banco de España ten actualmente aberto un proceso selectivo para a contratación de 6 axudantes de contabilidade empresarial mediante contrato de prácticas.

A finalidade dos contratos é a colaboración en traballos estatísticos relacionados coa análise e a depuración de información contable de empresas non financeiras que se desenvolva na Central de Balances. 

Requisitos 

  • Título de Licenciatura/Grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas ou afíns rematadas dentro dos últimos cinco anos, agás en candidaturas de menores de trinta anos, nelas non se terá en conta a data de terminación dos estudos universitarios. Poden presentar a súa candidatura as persoas que xa rematasen outra carreira e estean a cursar estudos de posgrao en temas económicos 
  • Excelente expediente académico universitario 
  • Coñecementos de inglés de nivel avanzado
  • Valoraranse especialmente os estudos de posgrao (realizados ou en curso), así como a experiencia en traballos ou prácticas relacionadas coa xestión de información contable recollida nas contas anuais das empresas

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 24 de febreiro de 2020 ás 14:00 horas. Máis información e inscrición aquí.