Bolsa de emprego temporal de dúas prazas para técnicos/as de Turismo no Concello de Oia

UVigo - Emprego 03/06/2020

O Concello de Oia convoca un proceso selectivo de dous/dúas técnicos/as de Turismo con carácter de persoal laboral temporal, a tempo parcial. O sistema de selección será o de concurso. As tarefas consisten en información, animación e promoción turística. 

Requisitos

  • Ser membro dun país da Unión Europea e residente en España
  • Posuír unha titulación de diplomatura ou grao en Turismo, ser técnico/a superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou técnico/a superior en Comercialización 
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega cun nivel Celga 4

Duración

  • A duración dos contratos será de tres meses naturais e 8 días (do 22 de xuño ó 29 de setembro)
  • O horario de prestación dos servizos será de 30 horas semanais que se prestarán de luns a domingo
  • O Concello establecerá os horarios en función das necesidades do servizo, tendo dereito a persoa empregada a un descanso de día e medio ininterrompido por semana

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O anuncio publicouse o 1 de xuño de 2020.

Máis información neste PDF