Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo na EGAP 

UVigo - Emprego 13/02/2020

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

O obxectivo da bolsa é formar á persoa beneficiaria no uso das técnicas e ferramentas que lle permitan realizar unha análise dos principais cambios que supuxo esta nova lei na cultura administrativa e das innovacións que trouxo consigo a devandita lei nas dinámicas de traballo no eido da Administración pública centrándose nas principais problemáticas que pode levar aparellada a súa aplicación práctica.


Requisitos

  • Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2014 e ter acreditada a titulación de  Grao/Licenciatura en Dereito
  • Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior

A bolsa rematará o 31 de decembro de 2020 e a contía mensual será de 1100 €.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770F.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo de 2020. Máis información aquí.