Bolsa da Fundación Galicia Europa para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos 

UVigo - Emprego 22/06/2020

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca unha bolsa para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea
  • Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos/as ou acreditar a súa residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Posuír un título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Os estudos conducentes á obtención do título deberon rematar dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria
  • Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa

Onde e cando?

  • A bolsa terá unha duración de 12 meses
  • As actividades desenvolverase na oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago de Compostela ou onde esta indique

Dotación económica

  • O importe total da bolsa distribuirase cunha retribución bruta de 16 200€, unha axuda de desprazamento para gastos de viaxe de 1100€ e a seguridade social

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 23 de xullo de 2020.

Máis información aquí.