Bolsa Google Europa para estudantes con discapacidade

UVigo - Emprego 13/11/2019

A bolsa está dirixida a estudantes con discapacidade que están a cursar estudos universitarios no campo da informática ou un campo técnico estreitamente relacionado nunha universidade en Europa ou Israel.

Obxectivo 

  • Eliminar as barreiras existentes para o estudantado con discapacidade que queira formar parte do ámbito da informática así como animalo a sobresaír nos seus estudos e converterse en exemplos a seguir e en líderes en crear tecnoloxía.

Requisitos

  • Ter 18 anos ou máis a data 27 de setembro de 2019.
  • As persoas candidatas deben estar actualmente matriculadas nunha universidade en Europa ou Israel para o ano académico 2019-2020 ou ter a intención de inscribirse ou ser aceptados como estudantes a tempo completo ou parcial nun programa de licenciatura, máster ou doutoramento nunha universidade en Europa para o curso académico 2020/2021.
  • Estar a estudar informática, enxeñería informática ou un campo técnico estreitamente relacionado nunha universidade en Europa ou Israel.
  • Ser exemplo de liderado e mostrar paixón polas ciencias da computación.

As mellores candidaturas recibirán unha bolsa de 7.000 EUR (ou equivalente) para o ano académico 2019/2020 en concepto de matrícula, taxas, materiais, clases, libros e materiais necesarios para as clases na universidade.

Solicitudes e información

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 5 de decembro de 2019 ás 23.59 h.

Máis información aquí.