Bolsa para mulleres economistas do Banco Central Europeo

UVigo - Emprego 05/06/2020

O Banco Central Europeo (BCE) pon en marcha un programa de ata cinco bolsas dirixidas a mulleres que desexen estudar un mestrado en Economía en Europa para o curso académico 2020-21. Este programa forma parte das iniciativas do BCE para promover a diversidade e a igualdade de xénero nos bancos centrais.

Beneficios

  • Unha subvención de 10 000 euros
  • Unha visita de estudo ao Banco Central Europeo
  • Información sobre a investigación económica de vangarda que realiza o BCE
  • A oportunidade de coñecer a outras mulleres académicas e á rede de Mulleres en Liderado do BCE
  • Asesoramento e orientación dun economista do BCE

Requisitos

  • Ser cidadá da Unión Europea
  • Ser muller
  • Ter unha necesidade financeira para continuar estudando
  • Ter unha nota media igual ou superior a 8.00 (en escala decimal de 0-10) nos estudos de pre-grao
  • Pensar en inscribirte nun mestrado en economía nunha universidade ou escola de negocios europea

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de xuño de 2020.

Máis información aquí.