Bolsas na Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado

UVigo - Emprego 06/02/2020

A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado convoca 6 bolsas de formación de posgrao. As bolsas teñen por obxecto o fomento da formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo, tratamento e difusión da documentación xurídica e dos fondos documentais da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado, durante un prazo de doce meses, prorrogable por outros doce.

Requisitos

  • Posuír título de Grao ou Licenciatura en calquera rama das Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades obtido no ano académico 2015 ou nos anos posteriores. 
  • Formación específica en materias de xestión documental, arquivística e biblioteconomía ou en materia xurídica.

Dotación económica

  • 1000 € brutos mensuais. 

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 25 de febreiro de 2020.

Máis información aquí.