Bolsas da Axencia Turismo de Galicia

UVigo - Emprego 11/12/2019

A Axencia Turismo de Galicia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 15 bolsas de formación práctica que se desenvolverán entre os anos 2020 e 2021. 

Tipo 1

14 bolsas de formación práctica para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia. A duración máxima das bolsas será de cinco meses e a contía de 4.500 €.

Requisitos

  • As persoas interesadas deberán posuír, entre outras titulacións, o Grao en Turismo ou máster relacionado con turismo. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
  • Inglés: certificado B1 ou superior ou acreditación de nivel equivalente ao B1.

Tipo 2

1 bolsa de formación práctica especializada na áÁrea de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística que se desenvolverá na sede da área en Santiago de Compostela. A duración máxima da bolsa será de doce meses e a contía de 13.800 €.

Requisitos

  • Estar en posesión de calquera titulación superior. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014. Tamén poderán presentarse a esta bolsa aquelas persoas que teñan a titulación mínima esixida e acrediten a súa condición de desempregado de longa duración no momento de remate de presentación das solicitudes.
  •  Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de xaneiro de 2020.

As solicitudes poderá tramitarse na ligazón https://sede.xunta.es co procedemento TU981A

Máis información aquí.