Bolsas do Banco de España para estudos de posgrao en economía  

UVigo - Emprego 21/01/2020

O Banco de España ofrece cinco bolsas dirixidas a persoas con titulación universitaria e a alumnado de último curso que desexen ampliar os seus coñecementos no marco económico mediante a realización de estudos de posgrao oficiais, durante o curso académico 2020/2021.

As bolsas destinaranse a financiar a ampliación de estudos no estranxeiro ou en España, sobre temas de economía, especialmente sobre cuestións relativas a teoría macro e microeconómica, economía monetaria e financeira, economía internacional, econometría, e a materias relacionadas coa innovación tecnolóxicas nestes campos.

No caso das persoas candidatas que aínda non finalizaron os seus estudos, as bolsas entenderanse condicionadas a que posúan a titulación antes do 1 de setembro de 2020.

Duración

As bolsas terán unha duración máxima de dous cursos académicos.

Dotación económica

As bolsas dotaranse cos seguintes importes:

  • Dereitos de inscrición e matrícula na correspondente universidade ou centro académico. 
  • Dotación anual (importes brutos): 
    - 29.000 dólares para os estudos realizados en Estados Unidos. 
    - 18.500 libras esterlinas para os estudos realizados no Reino Unido. 
    - 21.500 euros para os estudos realizados en España e no resto dos países europeos.
    O importe da bolsa abonarase en tres pagos de idéntico importe. O primeiro pago farase efectivo ao comezo do curso académico, o segundo no mes de xaneiro e o terceiro en abril.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de febreiro de 2020.

Máis información aquí.