Bolsas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

UVigo - Emprego 15/06/2020

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) convoca 14 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito da súa actuación.

Modalidades

  • Graduados/as en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 4 bolsas
  • Graduados/as en Economía ou Empresa, sede de Barcelona: 1 bolsa
  • Graduados/as en Dereito, sede de Madrid: 4 bolsas
  • Graduados/as en Dereito, sede de Barcelona: 1 bolsa
  • Graduados/as en Enxeñería, sede de Madrid: 2 bolsas
  • Graduados/as en Enxeñería, sede de Barcelona: 1 bolsa
  • Graduados/as en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa

Requisitos

  • Obter a titulación necesaria nos catro anos anteriores á publicación desta convocatoria ou estar en condicións de obtela antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

Cando?

  • A duración das bolsas será de 12 meses, desde novembro de 2020 ata outubro de 2021

Dotación económica

  • A contía de cada bolsa será de 1100 € brutos mensuais

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de xullo de 2020.

Máis información aquí.