Bolsas DigiTalent para o estudantado 

UVigo - Emprego 04/06/2020

Reanudáronse os prazos para solicitar as bolsas do Programa DigiTalent, que ofrece 32 prazas para realizar prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico. O período de formación práctica terá unha duración de 3 meses. Os bolseiros e bolseiras recibirán formación teórico-práctica e contarán co asesoramento, coa orientación e coa dirección das persoas responsables das empresas TIC.

Estas bolsas están orientadas ao estudantado universitario menor de 31 anos, matriculado en Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura de calquera das tres universidades galegas e que teña máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos aprobados.

As persoas interesadas deberán presentar telematicamente a súa solicitude para poder acceder ás prazas do programa, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento PR607A). Ademais, deberán estar rexistradas e ter o seu perfil actualizado no portal de bolsas Feuga.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 23 de xuño de 2020.

Máis información aquí.