Bolsas do Fondo Español de Garantía Agraria

UVigo - Emprego 18/12/2019

O Fondo Español de Garantía Agraria convoca sete bolsas no ámbito de xestión pública, relacionados coa política agrícola común e o seu financiamento:

  • Dúas bolsas dirixidas a persoas tituladas nos seguintes graos: Economía, Ciencias Empresariais, ADE, Administración e Xestión Pública, Dirección e Xestión Pública ou Dereito.
  • Cinco bolsas dirixidas a persoas tituladas nos seguintes graos: Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, Enxeñería en Ciencias Agronómicas, Enxeñería Agrícola, Enxeñería Agroambiental, Enxeñería Ambiental, Enxeñería do Medio Natural, ou Enxeñería Forestal.

A persoas candidatas deberán ter rematado os seus estudos nos seis anos anteriores á publicación desta convocatoria.

Características 

  • A contía das bolsas por beneficiario será de 1150 euros brutos mensuais.
  • A duración inicial das bolsas será por un período de 11 meses, podendo prorrogarse ata un máximo de dous anos adicionais.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.